top of page

¿Qué nos levou a esta tolemia?

​

O Clube Mecos FG Ogrobe nace pola teima e as ganas dun grupo de mozos mecos e de pobos veciños de practicar este deporte, darlle un novo empurrón no noso país, e continuar cun movemento iniciado polos Fillos de Breogán da Coruña e continuado polos Ártabros de Oleiros e os Irmandinhos da Estrada. Agardamos consolidarnos e a non moito tardar poder dicir que xa formamos parte desta pequena pero gran familia do fútbol gaélico na nosa terra.

​

Dende os Mecos agardamos poder contribuír co noso pequeno gran de area a labor iniciada no seu día polos Fillos de Breogán e continuada tanto polos equipos que foron nacendo tras eles así como pola Selección Galega de Fútbol Gaélico.

Mecos FG Ogrobe

A nosa historia

SOBRE NOS

Un pouco de nós:

​

O 5 de novembro de 2012 comezan a verse os primeiros bocexos Mecos. Tras contactos con xente do mundo gaélico decidímonos a crear un perfil de facebook con moi bos resultados e apoio popular. O día 24 de novembro decidese dar o paso da creación do equipo. O camiño non foi doado pero o día 22 de decembro de 2012 por fin comezan os adestramentos.

 

O 9 de marzo de 2013 o clube Mecos FG xunto cos clubes A Coruña Fillos de Breogán e Irmandinhos da Estrada toma parte na creación da Asociación Galega de Fútbol Gaélico que deseña e pon a andar a primeira competición oficial galega, a Liga Galega de 7 contra 7, da que os mecos tomarán parte.

 

O día 16 de marzo de 2013, vispera do San Patricio, a festa nacional irlandesa por excelencia, tivo lugar o acontecemento historico do inicio da primeira Liga Galega de Fútbol Gaélico ainda que en formato "sevens".

 

O día 23 de marzo de 2013 por fin puidemos presenciar o primeiro partido dos nosos e este coincideu nada menos que coa nosa estrea na Liga Galega contra os Ártabros de Oleiros, o segundo equipo mais antigo do noso país. Os nosos rapaces comezaron moi ben pero no segundo tempo pagamos claramente a nosa inexperiencia e rematamos perdendo iso si dando moi boa imaxe e sacando eloxios e boas palabras sobre o noso xogo.

​

O día 13 de abril tivo lugar o noso debut no Campionato Ibérico, os nosos rivais foron Sant Vicent de Valencia, Madrid Harps e Irmandinhos da Estrada. Nos dous primeiros partidos non puidemos facerlles fronte a dous planteis pragados de xogadores Irlandeses e mesmo algunha con algún xogador All Ireland entre os seus efectivos pero no terceiro partido si fomos quen de disputalo ata os ultimo minuto malia que finalmente tamén fomos derrotados.
 

O 20 de abril por fin tivo lugar o noso ansiado debut na casa, este foi nun partido amigable contra os Irmandinhos da Estrada. Xogaronse  dous partidos un a 11 e outro a 7, no primeiro o mellor coñecemento da modalidade dos estradenses impúxose pero no segundo chegou a nosa primeira vitoria nunha modalidade a de sevens na que pouco a pouco imos acadando mellores resultados.

 

A nosa primeira vitoria na Liga Galega de 7 contra 7 non puido ser ante un mellor rival xa que se produxo contra os Bráithreachas da Estrada que nese momento eran os vixentes lideres. Finalmente os Bráithreachas serian campións e os Mecos temos a honra de poder dicir que nin os campións nin os subcampións puideron con nos nesta primeira Liga Galega. Se algo quedou ben as claras neste encontro e que os Mecos FG chegaron para quedarse e que pronto daremos moito que falar.

 

O 22 de xuño rematamos a nosa primeira Liga Galega na que a pesares dos contratempos acadamos un meritorio 4º posto sendo o único equipo que acadou puntuar contra o campión e o subcampión.

 

O día 27 de xullo do 2013 foi outra das datas a marcar en dourado na nosa historia, ese día debutaron as Mecas nun partido amigable contra as Irmandinhas. O resultado era o de menos, malia todo as nosas xogadoras acadaron un meritorio empate.

bottom of page